O CGCEES reclama unha resposta ás súas achegas e propostas á LOMLOE

A nova lei é unha oportunidade para avanzar en educación e a educación, ou é social ou non é do século XXI

Ante as diversas informacións sobre os debates que se manteñen sobre a tramitación do Proxecto de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOMLOE), Lourdes Menacho, presidenta do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) de España remitiu unha consulta aos deputados que forman a Comisión de Educación do Congreso para saber se tiveron en conta as achegas das educadoras e educadores sociais e a súa proposta de emenda.
Aclarar que o pasado mes de maio, o CGCEES presentou á Comisión de Educación do Congreso dos Deputados as súas propostas. A presidenta da Entidade espera compartir canto antes a resposta da Comisión de Educación do Congreso dos Deputados cos 17 Colexios que compoñen o Consello Estatal.

Unha sociedade cada vez máis complexa e diversa

Desde a Presidencia do CGCEES insístese na “importancia de dotar ao sistema educativo de profesionais coa formación adecuada e coas capacidades e competencias necesarias para afrontar as situacións e os conflitos xurdidos dunha sociedade cada vez máis complexa e diversa”.

Neste sentido, o Consello Estatal pon ao dispor da Comisión de Educación do Congreso dos Deputados, a Comisión de Educación da Entidade. Esta Comisión está formada por educadoras e educadores sociais das comunidades autónomas que xa teñen incorporada a figura profesional da Educación Social nos seus sistemas educativos.

Os resultados obtidos nestas comunidades autónomas que regularon a figura das educadoras e os educadores sociais nos seus sistemas educativos avalan a petición do CGCEES.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.