O Concello de Triacastela súmase á Andaina Solidaria da Xunta contra a Violencia de Xénero

As mulleres que traballan no Concello de Triacastela fixeron  a VIII Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero camiñando do Biduedo a Triacastela, percorrendo este pedazo do Camiño Francés.

A rexedora, Olga Iglesias, asegura que «desde Triacastela queremos sumar máis pasos. Máis preto da Igualdade».

En conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Xunta de Galicia, a través da Concellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Igualdade, organizan esta Andaina Solidaria para que este ano, máis que nunca, camiñemos cara ao respecto e loitemos así contra a Violencia de Xénero. Unha iniciativa á que quixo sumarse o Concello de Triacasela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.