O Congreso Internacional IDEAL 2020 premia un artigo sobre robótica colaborativa do grupo Ciencia e Técnica Cibernética do Campus de Ferrol

A XXI edición da International Conference on Intelligent Data Engineering and Automated Learning (IDEAL 2020) que tivo lugar os días 4, 5 e 6 de novembro en Guimarães (Portugal) premiou o artigo de investigación “Detecting Performance Anomalies in the Multi-Component Software Collaborative Robot” do grupo Ciencia e Técnica Cibernética da Universidade da Coruña na categoría “Best Application Paper on Machine Learning”

Héctor Quintián, Esteban Jove e José Luis Calvo Rolle, integrantes do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética da Universidade da Coruña, asinan un traballo no que tamén colaboraron Nuño Basurto, Carlos Cambra e Alvaro Herrero, membros do grupo de Intelixencia Computacional Aplicada da Universidade de Burgos, e Emilio Corchado, do grupo de investigación en Bioinformática, Sistemas Informáticos Intelixentes e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Salamanca.

Tal e como explican os propios autores, no eido da robótica colaborativa, a detección de anomalías xoga un papel crucial para asegurar o correcto desempeño dos distintos actuadores. Nesta liña, os investigadores propoñen un sistema que permite detectar o mal funcionamento dun robot botando man dos seus compoñentes. Este sistema, implementado a partires do uso de técnicas de intelixencia artificial, obtivo xa grandes resultados á hora de identificar situacións anómalas tal e como salientan os propios investigadores ao longo do artigo.

Foto: De esquerda a dereita, José Luis Casteleiro, Héctor Quintián, José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove, integrantes do grupo de investigación Ciencia e Técnica Cibernética da Universidade da Coruña, diante da Escola Universitaria Politécnica (EUP) do Campus de Ferrol nunha fotografía de arquivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.