O lavadoiro da Roza de Marín xa luce novo aspecto

Rematada a substitución da cuberta do lavadoiro da Roza e o acondicionamento da súa fonte

O Concello de Marín, na súa liña de mellorar e de integrar a nivel paisaxístico os lavadoiros da vila, vén de rematar a obra de substitución da cuberta do lavadoiro da Roza. Esta actuación supuxo tamén o acondicionamento da súa fonte e do seu entorno, facendo un traballo integral de remodelación deste enclave etnográfico, turístico e cultural, cunhas vistas envexables do municipio.

Antes da intervención, este lavadoiro, moi utilizado pola veciñanza da zona, non contaba cunha cuberta axeitada, aínda que se conservaban os muros da antiga. Os traballos realizáronse con cargo a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, cuxo importe ascendeu a 10.413,46 euros.

Unha actuación similar foi a que se levou a cabo no lavadoiro Río de Casás, onde a mellora foi notable e onde a paisaxe quedou moitísimo máis integrada.

O Concello anima a todos os amantes do patrimonio e destas pezas tan singulares a consultar a web, na que se recollen todos os lavadoiros, cunha galería fotográfica, a súa ubicación e características.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.