O Presidentes das Deputacións de Lugo e A Coruña supervisan as obras na estrada que une Momán e As Pontes

Tomé Roca e o Presidente da Deputación da Coruña e Alcalde pontés comprobaron a execución dos traballos de ensanche, pavimentación e sinalización da vía, que rematarán a principios de decembro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Presidente da Deputación da Coruña e Alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, supervisaron xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, os traballos de renovación do firme que a institución lucense está acometendo na estrada LU-P-2204, que une o núcleo de Momán, en Xermade, coas Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña.

As actuación afectan a 3 quilómetros da vía, entre o punto quilométrico 4 e 7 e nelas a institución provincial inviste 452.000 euros. Estas obras inclúense na terceira fase de mellora nesta vía, sumándose as xa feitas co arranxo dos 4 primeiros quilómetros, con outros 475.000 euros, polo que o investimento total na estrada ascende aos 800.000 euros. Deste xeito, unha vez rematados os traballos que agora están en marcha, tan só quedarán 2,8 quilómetros para rematar coa mellora integral da vía, que ten un total de 9,8 quilómetros de lonxitude.

Na actualidade, as obras que se están a cometer consisten na pavimentación, tralo que se procederá ao incremento da seguridade cunha nova sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e recolocarase a sinalización vertical e os sistemas de contención que se vexan afectados polo ensanche da vía. Estímase que estes traballos queden rematados a principios de decembro, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

O Presidente da Deputación de Lugo trasladoulle ao seu homólogo coruñés que nestes momentos a Deputación ten en fase de licitación a cuarta fase de mellora desta estrada. “Licitáronse por outros 340.000 euros co obxectivo de arranxar case quilómetro e medio desta vía, entre os puntos quilométricos 7,000 e 8,340”, indicou. Con esta última actuación, a Deputación mellorará máis de 8 quilómetros dos 9,7 que ten de lonxitude a vía, co que só restaría pouco máis dun quilómetro para o seu acondicionamento integral.

O mandatario provincial tamén recalcou a importancia desta estrada “pois vertebra o concello de Xermade e toda esta parte da provincia, dando servizo aos veciños e veciñas de Momán e comunicando con As Pontes. Ademais, este é o camiño máis curto para os desprazamentos da veciñanza a Santiago de Compostela e aos aeroportos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.