O Supremo devolve o escrito de reapertura da querela criminal presentada por EU e o PCG contra o rei emérito “escudándose na utilización do galego”

O pasado 12 de agosto, Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia presentaban nos xulgados de Vigo un escrito solicitando a reapertura da querela criminal contra o rei emérito solicitando polo tanto que este poidera “ser xulgado polos seus actos entre os que están sete supostos delitos de: suborno, delito contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares”.

Esquerda Unida vén de recibir a resposta da Sala Segunda do Tribunal Supremo presidida polo maxistrado Manuel Marchena Gómez, na que se traslada a devolución do escrito presentado pola organización escudándose no idioma como motivo de devolución e polo tanto da non reapertura da querela criminal presentada contra os delitos cometidos polo rei emérito, Juan Carlos I.

A coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla considera que “o motivo argumentado pola Sala Segunda do Tribunal Supremo supón unha vulneración de dereitos lingüísticos e unha interpretación terxiversada do contido do artigo 231.4 da LOPJ”  ao que o propio Tribunal fai referencia no seu escrito. “O galego é lingua oficial de Galicia e ten plena validez e eficacia” na xustiza segundo explicita o propio artigo citado, polo que resulta “unha decisión interesada e amparada nunha falta de respecto á legalidade para evitar a reapertura da querela criminal contra o rei Juan Carlos I”.

Esquerda Unida denuncia que “unha vez máis o galego supón unha traba para a xustiza incurrindo así nunha vulneración dos dereito linguísticos da cidadanía galega a expresarse na súa lingua recoñecida polo artigo 231.4 da LOPJ. á vez que supón unha interpretación terxiversada da mesma por parte da sala segunda do Tribunal Supremo faltando ao respeto da legalidade de expresarse na lingua da Comunidade Autónoma”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.