Os socialistas solicitan un pleno extraordinario para cubrir a praza do médico do Saviñao

Entendemos que a sanidade é un tema capital que afecta a toda a veciñanza, por iso dende a Agrupación Socialista imos a seguir insistindo en reclamar os nosos dereitos”, sinalan

O Grupo Socialista de O Saviñao, rexistrou hoxe a petición para a celebración dun pleno extraordinario, co fin de reclamar ao Goberno de Feijóo, que cubra a praza de médico que vai quedar vacante por xubilación no concello de O Saviñao. Así como se dote de persoal ao centro de Currelos, para atender as citas dos pacientes.

Os socialistas lembran que este mesmo asunto xa foi tratado no Pleno da Deputación de Lugo. “Entendemos que a sanidade é un tema capital que afecta a toda a veciñanza, por iso dende a Agrupación Socialista imos a seguir insistindo en reclamar os nosos dereitos”, sinalan.

Concretamente, na proposta rexistrada demandan “un acordo para que se manteñan as prazas de médicos existentes na actualidade no Centro de Atención Primaria de Escairón”. E tamén solicitan “o acordo da corporación para que se manteñan a praza de médico existente, así como a recuperación do conserxe que había no Centro de Atención Primaria de Currelos. E que se trasladen os acordos do pleno á Xunta de Galicia, xa que son asuntos da súa competencia”.

“No que se refire á sanidade non imos deixar nin dar un paso atrás na defensa da nosa atención primaria. As veciñas e veciños do concello Saviñao somos cidadáns con tódolos dereitos, por iso vamos a seguir loitando polos nosos médicos e polos nosos recursos públicos. Os nosos veciños meréceno”, sinalan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.