“Patrimonea” unha iniciativa de promoción dos recursos turísticos do Concello de Touro triunfa nas redes

Darío Rey Suárez, creador de Patrimonea*, deseñou unha serie de iniciativas encamiñadas a promocionar os recursos turísticos do Concello de Touro en colaboración con axentes económicos privados do municipio. Unha das propostas máis exitosas foi a visita dunha “influencer” e blogueira que percorreu os mellores lugares do concello durante unha fin de semana completa.

Aproveitou a súa estancia para visitar lugares tan fermosos como o Pozo de Pego, o mirador de Pena en Fao, a fervenza das Pombas na parroquia de Cornado ou o muíño de Bama no que coñeceu de primeira man a elaboración tradicional da fariña. Para a súa estancia elixiu o Pazo de Andeade e as Cabañas da Ulla. Case en directo retransmitiu estas experiencias no seu Instagram acadando centos de interaccións positivas e ducias de preguntas acerca das localizacións das súas visitas. Tamén tivo oportunidade de realizar unha parte da primeira ruta circular do municipio deseñada por Patrimonea, cunha extensión de 16 km con inicio e final na igrexa de Cornado. Esta ruta solventa o principal problema que tiñan as rutas homologadas da zona: o seu carácter lineal, e posibilita que o visitante poida desfrutar das mellores paisaxes da zona sen necesidade de ter que facer ida e volta ou empregar dous coches para deixar no punto de inicio e no remate. O produto final deste traballo pode consultarse na web haciendomillas.com nun artigo titulado: Qué ver y hacer en Touro, un lugar secreto de Galicia no cal se fai unha proposta de visita ao concello con recomendacións de lugares a visitar, aloxamentos ou locais hosteleiros.

*Patrimonea é un proxecto persoal que comezou nas redes sociais (Facebook e Instagram) para difundir e poñer en valor o patrimonio tourense e que está en trámites para converterse nunha empresa de turismo activo centrada en rutas de sendeirismo interpretadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.