Paula Dapena: “Oxalá moitas nenas medren defendendo o que pensan, os seús ideais, sen medo ao que lle poidan dicir”

Ese tópico cultural  que di que “París ben vale unha misa” é coñecido moi probablemente por todos e todas, relativo á utilidade de renunciar a algo aínda que sexa moi valioso para acabar obtendo o que realmente se desexa. Trata de establecer prioridades e tamén, dalgún xeito, de afear a falta de sinceridade e convicións. En resumo, afianza aquelo no que verdadeiramente cremos e non doen prendas actuando en consecuencia para acadalo. Hoxe, esa frase popular podería aplicarse a Paula Dapena Sánchez, xogadora pontevedresa que nun partido co seu equipo, o Viajes InteRias FF, desputado na Cidade Deportiva de Abegondo, non quixo ser cómplice da pleitesía e devoción rendidas a unha figura como a de Maradona e preferíu, no minuto de silenzo na súa memoria, sentarse e dar as costas para reivindicar o papel das esquecidas vítimas de homes coma o futbolista arxentino, tan coñecido pola súa arte no verde coma por unha vida chea de abuso e maltrato cara ás mulleres. O xesto de Paula serve para amosar que o machismo segue aquí, vivo e entre nós, pois cargados del van moitas das mensaxes que está a recibir nas redes sociales. Pero tamén reforza unha loita na que non está soa, despois de ser apoiada e aplaudida polo seu compromiso e actitude públicamente. Unha imaxe din que vale máis que mil palabras…e a de Paula sentada sobre o céspede, virada contra a violencia de xénero, xa forma parte para sempre dunha dignidade que, nestes días, tantas veces vimos ausente. Non é sempre non….e Paula, sen necesidade de palabras, berróuno ben alto.

-Agardabas tanto revuelo polo teu xesto no campo?

Non, a verdade é que non pensaba que fose ter repercusión algunha xa que o partido foi a porta pechada, polo tanto pensei que quedaría entre os meus seguidores de instagram, xa que subín a foto a instagram reivindicando que para mín sempre é 25N e polo tanto non podía gardar un minuto de silencio por unha persona que violentou a súa muller e da que hai constancia. Fíxeno polos meus ideais e por todas as mulleres que poidan sentirse identificadas co meu xesto.
-Cal é a resposta do público nos vosos partidos, aínda se escoitan os típicos “a fregar”?
Por sorte xa fai tempo que non escoito ningunha tontería de ese estilo. Na categoría na que eu xogo, moitos equipos cobran entrada, polo tanto os machistas non van pagar por ver vir un partido noso. Aunque coñecendo a algún seguro que pagaría por insultar.
-A nivel federativo, contades coas mesmas axudas que o fútbol masculino?
Non estou moi ao tanto dese aspecto. Sei que os equipos femininos reciben algunhas subvencións das federaciones pero non sei nin canto recibe o feminino nin canto recibe o masculino. Teño que informarme sobre ese aspecto.
-De repente, xa non es unha persoa anónima.
Non, e a verdade da bastante medo. Sobretodo polo acoso que se reciben nas redes e que desde hoxe empecei a recibir. Quédome coa parte boa e coas mexases de apoio e cariño que me chegan. Hai xente que se sinte identificada co que eu fixen, que me dan as grazas por ter o valor de facelo e que queren que as súas fillas sexan coma min. Soamente por iso, eu xa estou contenta. Oxalá moitas nenas crezcan defendendo o que pensan, os seus ideales, sen medo ao que lle poidan dicir. Teñen a toda un tribu feminista detrás que vai apoialas.
-Que tipo de atrancos soe atopar o fútbol feminino á hora de competir?
Pois agora mesmo, por sorte, o fútbol femenino está crecendo e cada vez son máis as persoas que nos siguen. Pero por poñer un exemplo, o fútbol masculino da bastante máis diñeiro que o femenino e en clubes nos que hai equipo feminino e masculino, o diñeiro destínase ó masculino, en material, en primas… e o feminino está apartado e moitas veces créase só porque dan subvencións. Tamén, este ano, por culpa do coronavirus non se rematou a Liga Iberdrola, sen embargo, LaLiga, si que se rematou.
-Pódese ser futbolista e feminista, pero aínda é algo que custa entender para moita xente.
Sí, sin ningunha dúbida, aínda que o fútbol ten uns fans bastante machistas. O fútbol forma parte da miña vida e levo xogando dende fai 20 anos, polo que teño claro cales son as miñas habilidades e capacidades dentro deste e sei ao que podo aspirar e ao que non, sei que non me vai dar de comer e algún día tendrei que diexalo. O feminismo forma e formará parte da miña vida sempre, por iso para mín vai primeiro sempre. Ademáis penso que para ser deportista, non so futbolista, porque falamos de fútbol por este caso concreto, pero ser deportista vai máis alá de dedicarte ao teu deporte, leva consigo uns valores e un respeto. No momento que deixas de respetar as mulleres, ou a calquera, para mín deixas de ser persoa e por suposto, futbolista.
-Educar na Igualdade é un partido que tamén debe xogarse dende a Base. Cres que se fai suficientemente?
Por suposto, creo que a Igualdade e un dos valores primordiais, non só no deporte, senón na vida en xeral. Creo que vivimos nunha sociedade no que a xente se pensa que xa vivimos en igualdade e aínda queda moito camino por recorrer. Que siga habendo comentarios do estilo “o fútbol femenino non é nin fútbol nin femenino” paréceme de vergoña.
-Que referentes, deportivos ou non, marcan a túa vida e traxectoria deportiva.
Pois uns dos meus referentes deportivos é meu Avó, Eduardo Dapena, tamén coñecido como “Cholo”, xogador e capitán do Pontevedra CF na época do Hai que Roelo. Por suposto tamén teño como referentes a Vero Boquete, Alex Morgan, Virginia Torrecilla… entre outras moitas. De pequena eran menos coñecidas as mulleres que xogaban ao fútbol polo que tiña a Zidane de referente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.