Perillo acolle o vindeiro domingo a XXXI Feira do Mel

O vindeiro domingo 8 de novembro, en horario de 10 a 15 horas, celebrarase a XXXI edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República

Unha selección dos mellores apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos.

Debido á situación sanitaria controlarase o acceso e regularase o número de asistentes, haberá unha zona de entrada no recinto e outra de saída e crearase un único sentido de circulación polos postos, que estarán debidamente separados. Non poderán realizarse ningunha das actividades paralelas de anos anteriores tales como actuacións musicais, magosto, pulpeira, queimada e obradoiros infantís.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.