Promovendo a formación en protección animal

José Ramón Rioboo, deputado de Transición Ecolóxica, inaugurará o luns o seminario online: “Animais & Sociedade: Políticas Públicas para a provincia da Coruña”

A área de Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña e o Instituto de Políticas Públicas de Protección Animal (IPPPA) organizan este luns 30 de novembro, en horario de 10 a 12 h, a primeira xornada dixital sobre políticas municipais para a protección dos animais, especialmente dirixida aos técnicos de Medio Ambiente dos 93 concellos da provincia.

Nesta convocatoria pioneira abordaranse aspectos como o deseño de normas locais que melloren a convivencia e a protección dos animais, o marco lexislativo autonómico que faculta a creación destas Ordenanzas e o papel dos refuxios nesta cuestión, coa participación de Anna Mulá, avogada e unha das maiores especialistas mundiais en dereito animal, Irene Torres, Asesora legal na Fundación Franz Weber e Coordinadora do IPPPA, e Olga Torres, presidenta do Refuxio de Animais de Cambados.

A Deputación de A Coruña apostou nestes últimos anos polo apoio económico ás entidades protectoras da provincia, impulsando convocatorias de axudas por máis de 500.000 euros, propiciando que estas organizacións poidan consolidar as súas actuacións e realizar investimentos para mellorar os refuxios.

O evento “Animais & Sociedade: Políticas Públicas para a provincia da Coruña” poderase seguir en aberto nas redes sociais de Fundación Franz Weber e da Deputación da Coruña, é gratuíto e sen límite de prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.