PSOE Abadín. «Falla de compromiso do PP co tecido económico e os autónomos da vila»

Agrupación Socialista de Abadín lamentou hoxe “a pouca sensibilidade e a falla de apoio e de compromiso do Goberno do PP de Abadin cos autónomos e aos empresarios da vila”. Lembran que defenderon unha moción, no último pleno, na que instaban ao Concello a implementar medidas para paliar a crise do COVID, destinadas ao tecido económico da vila. Para a financiación destas axudas reclamamos que se tiveran en conta as partidas adicadas a festas, comidas, banquetes, ou degustacións populares que non se celebraron por motivo da pandemia. A proposta foi rexeitada polo PP.

Concretamente solicitaron a través dunha moción “unha convocatoria de axudas para impulsar a actividade económica no concello dirixido aos sectores máis perxudicados por os efectos do COVID-19. E tamén que os cargos políticos do concello, con dedicación total ou parcial, destinen un 30% do seu soldo dun mes para sufragar estas liñas de axudas”.

O Voceiro Socialista, Pablo Díaz López advirte ademais que o propio rexedor anunciou que habería axudas. “Pero unha vez máis comprobamos como Rancaño só deu un titular bonito, porque á hora da verdade vemos como da palabra ao feito, non hai absolutamente nada de nada. Non entendemos que despois de 9 meses dende a declaración do estado de alarma, non houbera ningún tipo de axuda para paliar os efectos do coronavirus”, criticou.

“Si o Goberno do PP de Abadín non é capaz de xestionar os recursos económicos en favor dos nosos autónomos, dos nosos empresarios do pequeno comercio local ou dos nosos gandeiros. A quen pensa axudar o concello cos nosos recursos públicos?, porque aos veciños non, como puidemos comprobar na sesión plenaria. A que esperan para actuar?”, dixo.

Desbroce de camiños

Ademais sinala que nesta mesma sesión tamén defenderon unha proposta para “realizar o desbroce de camiños, pistas así como o seu mantemento”. Sobre esta iniciativa o Goberno de Rancaño, “sorprendentemente repostou que non existe ningunha queixa veciñal, e que se está a facer un correcto mantemento e desbroce dos camiños con medios propios e externos”. “Polo tanto a maleza e as herbas seguiran medrando polos nosos camiños e polas nosas parroquias, mentres o Goberno Municipal segue mirando cara outro lado”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.