Quince taekwondistas galegos participan no Mundial Online de Técnica e Freestyle (Galería fotográfica)

Este Mundial, adaptado á situación provocada pola COVID-19 no mundo,  será moi diferente aos habituais: Será online, só para as categorías adultas (de sénior en diante) e de forma individual. A maiores, haberá unha competición Open para as categorías cadete e júnior (masculina e feminina).

Así, e tras realizar unha preselección entre os catro primeiros do ranking español, a FET convocou a Alejandro Losada Rodríguez e Raquel Guillén, na categoría sénior 1; Sonia Pérez (máster 1 feminino); Esperanza Fernández (máster 2 feminino) e a Manuel Paz e Celia García, na modalidade de freestyle (masculino e feminino). Ademais, para a competición Open cadete e júnior, tamén convocou aos galegos Laura Álvarez (cadete feminino) e Tomás Fernández (júnior masculino). E despois de coñecer a convocatoria da selección, a Federación Galega de Taekwondo fixo a súa propia lista de deportistas para a proba Open. Desta forma, tamén irán Francisco Ramos e Marco García (cadete masculino); Yaiza Velo e Lola Soto (cadete feminino); Dani Areán e Alejandro Fernández (júnior masculino) e Zaida Velo (júnior feminino).

Esta pasada fin de semana celebrouse a reunión de xefes de equipo, na que se realizou o sorteo de poomsaes, estableceuse a orde de saída e as normas de gravación. Ao longo desta semana os participantes deberá realizar a gravación dos seus exercicios e envialos e a arbitraxe terá lugar os días 21 e 22 de novembro. Destes resultados sairán os deportistas clasificados para as semifinais.

CELIA GARCIA

ALEJANDRO FERNANDEZ

ESPERANZA FERNANDEZ

ALEJANDRO LOSADA

DANI AREAN (2)

FRANCHU RAMOS

LAURA ALVAREZ

MANU PAZ

LOLA SOTO (2)

MARCO GARCIA

RAQUEL GUILLEN

SONIA PEREZ

TOMAS FERNANDEZ

YAIZA VELO

ZAIDA VELO

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.