Rigurosa e contundente alegación ao PXOM de Cospeito na que se pide unha especial protección para os solos afectados por unha concesión mineira

O ATENEO GALEGUISTA da Terra Cha tén presentada unha extensa e rigurosa alegación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cospeito que atinxe aos solos afectados pola concesión mineira para a extracción de cuarzo, a ceo aberto, da que é titular a sociedade mercantil  de capital chinés, ERIMSA, que abrangue unha extensión de preto de seis mil hectáreas, pertencentes aos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e unha pequena porción de Riotorto.

O documento que contén esta alegación farase extensivo ao resto dos concellos da Terra Cha afectados por esta concesión, habida conta das características entrínsecas dos solos onde se pretende desenvolver esta actividade extractiva, e que segundo o autor deste documento, son motivo dabondo para dotar a estes solos dun plan especial de protección que preserve os seus valores, evitando de tal xeito a degradación  que suporía dita actividade.

Esta alegación conta co aval de prestixiosos expertos do ámbito académico nas disciplinas de Edafoloxía Agraria,  Xeoloxía e Hidráulica, que acreditan e advirten dos efectos e impactos irreversibles que causaría tal actividade para esta zona, un referente da produción agrogandeira, declarada de Interese Agrario, na que concorren, ademais, importantes enclaves e espazos protexidos.

Este documento que, necesariamente, deberá ser confrontado e ponderado polas Administracións locais e sectoriais afectadas e con competencias asumidas, choca coas pretensións expansionistas expresadas fai uns días polo novo director xeral de ERIMSA, don José Antonio Valencia, incluíndo esta zona dentro dos seus proxectos.

Outro inconvinte, non menor, é a hostilidade amosada polos alcaldes a este proxecto, os cales fixeron causa común con distintos colectivos veciñais que veñen dende fai anos mostrando unha decidida oposición á implantación desta actividade, asinando publicamente un documento conxunto no que se deixa claro o seu posicionamento motivado contrario á mesma. Por elo,  sen dúbida, resulta oportuno e útil este documento formulado polo Ateneo Galeguista, entidade que tén acreditada a súa solvencia nos distintos traballos elaborados sobre a problemática da minería e a ordenación do territorio, sempre como colofón de fondo a defensa e protección do medio ambiente como valor representativo do interese xeral, non só desta xeneración senón tamén das futuras, un reto que este colectivo galeguista tén moi presente no seu traballo.

Co ánimo de achegar unha máis ampla información sobre este contido que, sen dúbida,  resultará de gran interese para as veciñas e veciños da chaira luguesa que valoran e defenden o seu medio natural como o máis prezado patrimonio agasallado para a nosa protección, sobre todo neste tempo de pandemia que estamos a vivir. Nos vindeiros días 21 Noticias vai publicar o texto integro da alegación xunto cunha entrevista ao presidente do Ateneo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.