Susana Seivane continúa cos ‘Concertos do desconfinamento’ en Pontevedra

O ciclo, promovido polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, celebra tres concertos de 20 minutos en tres balcóns emblemáticos da nosa comunidade onde Susana, en solitario, repasará pezas significativas do noso patrimonio

O inicio

Susana Seivane comezou a tocar a gaita no balcón da súa casa durante o confinamento para animar aos seus veciños de Pravio (Cambre). Gravábao cada día para retransmitilo posteriormente polas súas redes sociais.

Miles de siareiros conectáronse á cita diaria desde todos os puntos do planeta, converténdose nunha das accións musicais con máis repercusión durante o aillamento. Ducias de medios de comunicación recolleron o fenómeno, espallando por todo o territorio o triunfo da proposta da gaiteira como unha acción viral solidaria baseada na reafirmación de identidade para os galegos da diáspora.

A acción

Máis de cincuenta retransmisións a través de Facebook e Instagram, Sen perder o espíritu inicial, Susana presentaba en exclusiva o contido para os seus veciños e posteriormente, ofrecía a actuación a través das súas redes para o resto do mundo.

Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos. O repertorio será diferente para cada edición.

O resultado

Froito desta experiencia maravillosa, Susana Seivane ven de publicar, ‘Dende o meu balcón’ o seu último disco. O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.