Voadora estrea ​”Siglo mío, bestia mía”, nova coprodución co Centro Dramático Nacional

Voadora estrea este mércores, 11 de novembro, a súa nova coprodución co Centro Dramático Nacional: ​Siglo mío, bestia mía. A obra, dirixida pola directora artística e de escena de Voadora, Marta Pazos, parte do texto de Lola Blasco polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2016

Siglo mío, bestia mía céntrase na necesidade do amor, do consolo, do Outro. A través dunha serie de nós, viaxamos de España ata Siria, da crise persoal dunha muller ao terrorismo do mundo globalizado. Tres personaxes nun barco. Tres civilizacións. Tres formas de entender o mundo e a relixión. Máis que falar destas situacións, Siglo mío, bestia mía ofrece un mapa: a cartografía emocional dunha época.

O espectáculo, que se estreará o día 11 de novembro no Teatro Valle-Inclán de Madrid, estará en cartel até o 20 de decembro. A presentación a medios terá lugar este martes, 10 de novembro, no Teatro María Guerrero (sala Margarita Xirgu). O acto, no que participarán​ Marta Pazos, Lola Blasco e Bruna Cusí​, pódese seguir ao vivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.