A Cabalgata de Reis percorrerá todos os barrios de A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que haberá 3 itinerarios para chegar a todas as nenas e os nenos da Coruña e asegurou que “este ano non fará falta saír do barrio, e en moitos casos nin sequera saír da casa, para desfrutar da visita dos Reis Magos”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que a Cabalgata de Reis deste ano percorrerá todos os barrios da cidade durante todo o día: “Comezaremos o día 5 pola mañá e terá lugar até a última hora da tarde, xa entrada a noitiña; así teremos máis tempo para evitarmos aglomeracións”.

Inés Rey explicou que “as carrozas máxicas” que visitarán toda a cidade e serán de grande altura e sen teito, co obxectivo de que as rapazas e os rapaces da Coruña poidan gozar da visita dos Reis Magos desde as ventás dos seus fogares, “esas ventás desde as que tanto nos asomabamos durante o confinamento e desde as que nos debemos volver asomar para vermos os Reis”. A rexedora asegurou que “este ano non fará falta saír do barrio, e en moitos casos nin sequera saír da casa, para desfrutar da cabalgata” e, como medida de prevención de contaxios da Covid-19, non se repartirán caramelos.

A Cabalgata dos Reis Magos realizará tres percorridos:

Percorrido n.º1: Cidade Vella – Os Cantóns – A Mariña – Monte Alto – Orillamar – Zalaeta – Matadoiro – Durmideiras – Orzán – Riazor – Falperra – Juan Flórez – Ensanche.
Nota de Prensa

Percorrido n.º2: Estación de tren – Vioño – Os Mallos – Sagrada Familia – Rolda de Outeiro – Ventorrillo – Labañou – As Conchiñas – Agra do Orzán – Peruleiro – San Pedro de Visma – Os Rosales.

Percorrido n.º3: Catro Camiños – A Gaiteira – Os Castros – Castrillón – Eirís – Monelos – Barrio das Flores – Oza – Matogrande – Xuxán – Palavea – A Zapateira – Pedralonga – As Xubias – Elviña – Mesoiro – Novo Mesoiro – Someso – Birloque – Feáns.

Nos vindeiros días, colgaranse na páxina web municipal os itinerarios máis específicos para cada barrio da cidade. Ademais, apuntou Rey, “desde o concello iremos informando dos itinerarios en tempo real” para que a veciñanza poida coñecelos en todo momento, xa que “as carrozas son máxicas pero respectarán a velocidade de Coruña 30”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.