A Cátedra de Dereito Local UDC-Deputación da Coruña organiza unhas xornadas sobre un novo modelo de residencias para a terceira idade

A Cátedra de Dereito Local UDC-Deputación da Coruña, que dirixe o profesor Carlos Amoedo, organiza este venres, 11 de decembro, as xornadas telemáticas “Un novo modelo de residencias para a terceira idade? Propostas de sustentabilidade asistencial”

Segundo os datos oficiais, estímase que as persoas mortas en residencias representan o 69% das persoas falecidas por Covid-19 en España e como explica o organizador, “está por analizarse con precisión cales son as causas da alta mortalidade por Covid-19 nas residencias de maiores e este feito pon enriba da mesa a necesidade de debatermos sobre a sustentabilidade do noso actual modelo de residencias de maiores”. O obxectivo desta xornada é pois “reflexionar sobre un novo modelo máis sustentable que se axuste mellor á realidade do noso país onde converxen tres factores característicos: unha pirámide demográfica avellentada con escaso poder adquisitivo, unha alta esperanza de vida e o feito de que as persoas maiores son as que ocupan boa parte dun territorio rural galego en trance de abandono”, explica o profesor Amoedo.

Programa

9:30 horas: Presentación e inauguración da xornada pola dirección da cátedra e presidencia da Deputación.

10:00-11:30 horas: Mesa sobre a realidade e perspectivas do sector en Galicia.

Antón Acevedo, director xeral de Atención Sociosanitaria.

Sonia Jalda, representante de TreGa.

Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo.

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña.

12:00-12:50 horas:A planificación económica sustentable dos servizos de atención á terceira idade”.

Fernando De Llano Paz e Martín Borrajo, investigadores do Grupo de Regulación e Finanzas da UDC.

13:00-13:50: Coidar dos maiores no século XXI”.

José Antonio Millán Calenti, catedrático de Xeriatría e Xerontoloxía da UDC, director do grupo de investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da UDC.

16:00 horas: “A xestión directa e indirecta das residencias para maiores: os modelos xurídico-administrativos”.

Manuel Cutrín, director da asesoría xurídica do Concello de Santiago de Compostela.

17:00 horas:Alén das residencias. Arquitecturas alternativas”.

Luz Paz Agras, profesora contratada doutora de Composición Arquitectónica da UDC.

Máis información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.