A Deputación apoia con 100.000€ a programación de actividades sociais e culturais do Centro Asociado á UNED da Coruña

Hoxe firmouse un convenio para financiar actividades, conferencias, cursos ou visitas guiadas nos campus de Ferrol e A Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 100.000 euros ao Centro Asociado á UNED da Coruña para o financiamento da súa programación de actividades sociais e culturais durante o ano 2020.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o representante do Consorcio Universitario do Centro Asociado á UNED da Coruña, Germán Carro Fernández, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades.

A Deputación apoia así a programación de actividades con 100.000 euros, un 15,89% do orzamento total que a UNED dispón para este fin, que ascende a 629.280 euros, e que incluíu ao longo do presente ano nos seus campus da Coruña e Ferrol unha ampla programación de actividades, conferencias e cursos que abraguen disciplinas tan diversas coma a Arquitectura, o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia ou as novas tecnoloxías.

González Formoso destacou a “variedade e calidade da programación que ofrece a UNED ao alumnado nos seus campus da Coruña e Ferrol e que cremos que é necesario apoiar xa que permite que persoas de todas as idades poidan ampliar os seus coñecementos dun xeito áxil e obtendo certificacións do máis alto nivel”.

Pola súa banda, Germán Carro agradeceu a colaboración económica da Deputación para facer posible a execución da programación de actividades da institución académica, que está adaptada á realidade da provincia e ás necesidades do alumnado coruñés.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.