A Deputación da Coruña insta á Xunta a “aumentar o orzamento dos Programas Integrados de Emprego nos concellos”

Todos os grupos, agás o PP, apoiaron unha moción para afortalar a parte do programa que é executada a través dos concellos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe unha moción instando a á Xunta de Galicia a aumentar o orzamento para a execución de Programas Integrados de Emprego (PIE)  xestionados polos concellos e que, cando menos, non sexan inferiores aos do  exercicio anterior e contribúan a paliar o impacto económico negativo que está a causar a pandemia da Covid-19.  A moción foi aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, Marea Atlántica (impulsora da moción) e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular.

No texto aprobado polo pleno ínstase á Xunta a realizar un incremento do orzamento previsto para a execución de programas integrados por entidades locais no bienio 2020-2021 e que, cando menos, sexa igual ou superior que o ano anterior e non inferior ao previsto para as entidades sen ánimo de lucro.

Mentres que en 2019 o PIE concedeu 5 millóns de euros para entidades locais e outros 5 millóns para entidades sen ánimo de lucro, para o ano que ven dispuxéronese 6,7 millóns para entdiades e 1,6 para entidades locais, un notable recorte que afecta especialmente aos concellos máis pequenos e rurais, que carecen de recursos propios para aplicar políticas activas de emprego.

A Deputación da Coruña reclama que o programa se adapte ao novo contexto producido tras a aparición da pandemia “para que os concellos e entidades locais poidan, verdadeiramente, axudar aos veciños na inserción ou reinserción laboral”.

No debate en pleno lamentouse que a Xunta debilitara os PIE no ano de maior orzamento do goberno galego e no que máis se necesitaban para facer fronte aos efectos negativos da COVID19 no emprego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.