A Deputación da Coruña publica unha nova liña de axudas para dotar ás agrupacións de Protección Civil da provincia

A Deputación da Coruña acaba de lanzar unha nova liña de axudas dirixida ás Agrupacións de Protección Civil da provincia co obxectivo de dotalas de bicicletas, scooters e equipos de comunicaións, coma walkie-talkies, para levar a cabo a súa actividade diaria.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases reguladoras deste programa, que conta cun orzamento total de 100.000 euros (56.000 euros para o lote de scooters e bicicletas e 44.000 euros para os equipos de comunicación).

Poderán beneficiarse desta convocatoria aquelas agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil cun mínimo de 5 membros e que cumpran algún dos seguintes requisitos: ter asignado algún convenio de colaboración co concello ao que pertencen, que algún membro da corporación municipal forme parte da directiva ou que os estatutos fosen aprobados pola administración local.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, destacou o apoio decidido da Deputación ás agrupacións de Protección Civil da provincia que este ano recibirán axudas por importe de 260.000 euros para financiar as súas actividades, levar a cabo investimentos e dotarse de material. “Con este novo programa aténdese a petición trasladada polas propias agrupacións de Protección Civil para dotarse de novo material, necesario para desenvolver o seu labor”, apuntou.

García destacou tamén “o importante labor que, de xeito altruista, fan os e as voluntarias de Protección Civil da provincia da Coruña. Un traballo que foi especialmente importante e visible neste ano debido á pandemia e que queremos agradecer desde a Deputación da Coruña”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.