A Deputación financia a través do Plan Único a mellora da rede de abastecemento en Osedo, Sada

O Plan Único financia este ano 65 obras de construción de redes de abastecemento e saneamento de auga nos municipios da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único un proxecto para mellora a rede de abastecemento na parroquia de Osedo, do Concello de Sada.

A actuación ven de saír a licitación no perfil de contratante do Concello e conta cun orzamento de 136.439,98 euros, financiados a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.

Os traballos consisten na colocación de canalizacións de abastecemento e distribución de auga potable no Camino del Palomar (Osedo), Caminos de la Torrete (Seixedo) y Caminos As Gateñas (Xan Amigo), que conectarán con redes xa existentes. Ao remate da obra, está prevista a reposición de todo o pavimento afectado.

Das 319 obras que este ano financia o Plan Único da Deputación nos concellos da provincia, un total de 65 son para proxectos de construción de redes de abastecemento e saneamento de auga nos municipios da provincia da Coruña.

Estas obras relacionadas co ciclo da auga supoñen un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

O prazo para a execución dos traballos é de 2 meses e o último día para que as empresas presenten as súas ofertas ao proceso de licitación é o 21 de decembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.