A exposición ‘Outros mundos: visións do noso sistema solar’ estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro

A exposición itinerante de “La Caixa” estará na Praza Maior

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou hoxe a exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar”  de Michael Benson que organiza a Fundación La Caixa,a que se poderá desfrutar na Praza Maior do 15 de decembro até o 12 de xaneiro.

A concelleira Maite Ferreiro sinalou que “esta exposición na que dende os máis miúdos como os máis grandes da casa, poderán facer unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, trátase dun dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos” ao que engadiu “contaremos con visitas guiadas para poder comprender e introducirnos dentro do Cosmos”.

A exposición contará con corenta imaxes do fotógrafo estadounidense Michael Benson captadas a través das sondas da NASA, nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.

As visitas guiadas serán en grupos de 5 persoas, cun pase de dous grupos en cada sesión, as que serán os sábados ás 17:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.

Consulta toda información desta exposición

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.