A Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC doa equipamento informático á ASDEGAL para facilitar o ensino telemático a escolares

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña fixo entrega dunha doazón de trinta equipos informáticos á Asociación ASDEGAL (Asociación Solidaria de Galicia), coa que a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC iniciou hai uns meses unha relación de colaboración

A doazón tivo lugar grazas ao compromiso do decano, Luis Hernández, con esta iniciativa solidaria. No acto de entrega estivo tamén a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a delegada de ASDEGAL na Coruña, Teresa Berbel.

Os equipos irán a parar a familias en situación de vulnerabilidade que teñen fillos e fillas en idade escolar para que poidan seguir as súas clases de forma telemática en tempos de pandemia.

Foto portada: Desde a esquerda, Teresa Berbel, delegada de ASDEGAL na Coruña, Pilar García, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, e Luis Hernández, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, cos equipos doados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.