A UDC avanza 20 postos e colócase como a 65 do mundo no Ránking GreenMetric 2020 e sitúase primeira de Galicia e quinta de España

O GreenMetric Ranking of World Universities, elaborado pola Universidade de Indonesia (UI), compara os esforzos das universidades cara a sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión respectuosas co ambiente

GreenMetric é a primeira e única clasificación universitaria no mundo que mide o compromiso de cada universidade participante no desenvolvemento sustentábel. O ránking contempla 6 indicadores: Infraestruturas, Enerxía e cambio climático, Residuos, Auga, Transporte e Educación.

Sendo a quinta convocatoria á que se presenta a Universidade da Coruña, a UDC mellora oresultado na valoración mundial, alcanzando o posto nº 65 dun total de 911 Universidades presentadas de 84 países. Este ano acaban de unirse tres novos países: Kuwait, Lituania e Bielorrusia. A actual posición da UDC representa unha mellora substancial dado que a participación respecto ao 2019 aumentou en 131 novas Universidades.

Dentro do sistema universitario español (SUE), a UDC sitúase entre as 5 mellores universidades (Gráfica 1), e continúa a obter a mellor puntuación do SUG, alcanzando o 1º posto por quinto ano consecutivo. Este ano incorporáronse ao ránking estatal as Universidades: Complutense de Madrid, de Murcia, e Internacional de Catalunya, sendo un total de 29 as que participan.

Á UDC, o aumento de 600 puntos en sustentabilidade máis que no ano 2019 permítelle avanzar 20 posicións na actual convocatoria do ránking Green Metrics.

A Universidade de Indonesia (IU) lanzou o resultado da clasificación universitaria mundial de 2020 o día 7 de decembro nun evento on-line, presentado polo Presidente de UI GreenMetric, o Prof. Dr. Riri Fitri Sari M.Sc., MM., acompañado do Ministro de Investigación e Tecnoloxía, o Prof. Bambang Brodjonegoro, do Dtor. Xeral de Educación, Prof. Ir. Nizam, M.Sc., DIC, Ph.D, e da Reitora de Universitas Indonesia, Prof. Ari Kuncoro, SE, MA, Ph.D,  todos/as da República de Indonesia. A novidade da presente convocatoria foi a concesión de galardóns específicos, alén das recoñecidas 10 Universidades mais sustentábeis. Dous destes galardóns recaeron en Universidades de España: a Universidade de Oviedo, como Universidade mais innovadora en sustentabilidade; e Universidade Complutense de Madrid, como mellor Universidade nova participante 2020.

As listas das 10 Universidades máis sustentables do mundo e de España, seguen encabezadas pola U. Wageningen (Holanda) e U. Autónoma de Barcelona (Táboa 2). A posición das 28 universidades españolas presentadas á convocatoria móstrase na Gráfica 1.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.