ABANCA e Afundación finalizan a entrega de 6.500 menús especiais a familias vulnerables para Noiteboa e Nadal

A acción forma parte do programa social ‘Cubertos Nadal’ que inclúe tamén a repartición de 10.269 comidas para menores durante as vacacións escolares

ABANCA e Afundación concluíron este mércores a primeira fase do programa social ‘Cubertos Nadal’ coa entrega de 6.500 menús especiais a familias vulnerables para contribuír a que poidan gozar do espírito do Nadal en Noiteboa e Nadal. A repartición realizouse nas sete cidades galegas con maior poboación en colaboración con concellos e entidades sociais, en función da localidade.

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, quixo sumarse a esta iniciativa solidaria no punto de recollida habilitado na sede de Afundación en Ferrol, onde participou, xunto con outros voluntarios do banco e Afundación, na distribución das comidas elaboradas pola empresa especializada e as sorpresas dirixidas aos máis pequenos nos carros da compra que despois se entregaron ás familias.

‘Cubertos Nadal’ prolongarase ata o próximo 7 de xaneiro coa repartición doutros 10.269 menús dirixidos aos menores destas familias desfavorecidas. O obxectivo é garantir a estes nenos e nenas unha alimentación saudable durante as vacacións escolares.

O programa forma parte das accións solidarias postas en marcha este Nadal por ABANCA e Afundación co fin de contribuír a que naqueles fogares que se viron especialmente afectados pola crise provocada pola covid-19 póidase vivir tamén o espírito do Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.