ABANCA e Afundación inician a repartición de 10.300 menús para menores de familias vulnerables do programa ‘Cubertos Nadal’

O banco e a súa Obra Social poñen en marcha a segunda fase deste programa tras a repartición a semana pasada de 6.200 menús especiais

ABANCA e Afundación comezan este luns a segunda fase do programa de apoio social ‘Cubertos Nadal’ que contribuirá a garantir unha alimentación saudable a 1.467 menores de fogares especialmente afectados pola crise da covid-19 durante o período das vacacións escolares.

En total, ata o próximo 7 de xaneiro, repartiranse 10.269 comidas a nenos e nenas na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en colaboración con concellos ou entidades sociais, en función da localidade.

A acción comezou a semana pasada coa distribución de 6.200 menús especiais para toda a familia para a cea de Noiteboa e a comida de Nadal.

‘Cubertos Nadal’ forma parte das accións solidarias postas en marcha este Nadal por ABANCA e Afundación co fin de contribuír a que naqueles fogares que están atravesando dificultades económicas neste momento póidase vivir tamén o espírito do Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.