ABANCA e Afundación reúnen 32.370 quilos de comida para a Federación Española de Bancos de Alimentos

Os produtos equivalen a 129.500 racións de comida e distribuiranse entre os diferentes bancos de alimentos de Galicia

ABANCA e Afundación reuniron 32.372 quilos de comida para a Federación Española de Bancos de Alimentos grazas ás doazóns recibidas no marco da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’, que tamén permitiu entregar a organizacións sociais 2.334 xoguetes que se repartirán entre familias que están a vivir unha situación complicada, antes do Día de Reis.

As achegas realizadas polo persoal do banco e a súa Obra Social, así como por clientes e outros cidadáns interesados en colaborar con esta iniciativa solidaria, fixeron posible conseguir este lote de produtos básicos que se distribuirán entre os diferentes bancos de alimentos de Galicia co fin de axudar a abastecer os seus almacéns.

Os 32.372 quilos de alimentos reunidos na campaña equivalen a 129.500 racións de comida coas que se poderán atender as necesidades de alimentación de 1.440 persoas durante un mes.

Neste ano marcado pola crise económica e social provocada pola pandemia da covid-19, ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, puxeron en marcha varias accións solidarias co fin de contribuír a paliar na medida do posible as dificultades ás que se enfrontan os fogares que se viron especialmente afectados pola situación. Entre elas destacan a campaña solidaria ‘Debuxar sorrisos’ e o programa de apoio social ‘Cubertos Nadal’, que garante unha alimentación saudable a menores de familias con dificultades das sete grandes cidades galegas durante as vacacións escolares e que finalizará o 7 de xaneiro tras a distribución de 16.500 menús.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.