ADEGA Lugo organiza a mesa redonda «É hora de tocar a rebato polo territorio»

ADEGA Lugo organiza para o vindeiro luns 28 de decembro ás 18:30h a mesa redonda “É hora de tocar a rebato polo territorio”

Intervirán Adela Figueroa, presidenta da Eira da Xoana, quen dará unha visión dos proxectos industriais que se están a promover en todo o País; de seguido Emilio Carral, co autor do libro «O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego» que amosará outros desenvolvementos posíbeis, e Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes dentro da Rede Por un rural vivo, que falará da importancia das organizacións veciñais contra proxectos abusivos.

Cada intervención terá unha duración máxima de 15min, e ao rematar, abrirase o debate a todo o público no chat de YouTube.

A mesa redonda será retransmitida en directo a través da canle de YouTube e na propia web de ADEGA, onde tamén podes atopar toda a información do evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.