Adega Lugo organiza un roteiro por Lugo dentro do programa de roteiros Augas Vivas ( As barcias do Miño e do Sil)

O vindeiro domingo 20 de decembro, continuamos coa programación de roteiros baixo o título Augas Vivas, as bacías do Miño e do Sil. Nun trazado duns 8 Km, e cunha dificultade baixa, seguiremos o trazado dos cursos fluviais e revisaremos os proxectos que os ameazan.

Comezaremos no Centro de Cestería no Rato, e coñeceremos algunhas das carballeiras e camiños tradicionais que aínda se manteñen na cidade, pero que obras, como a construción da Ronda Leste ou o proxecto de ADIF de eliminar os pasos a nivel poden destruílos. Chegaremos ao núcleo de Bosende e dende alí baixaremos novamente ata o Rato, ata a súa confluencia co Miño.

Xa no paseo do río Miño, faremos unha revisión das obras que o Concello de Lugo pretende como son a praia fluvial, as piscinas de auga quente exteriores, as Saamasas, ou a actual situación da fábrica da luz. Finalizaremos o roteiro no parque do Miño, na altura do Pazo de Feiras e Exposicións.

Para previr a propagación da COVID-19 limitarase as prazas a 12 persoas (faranse dous grupos de 6) e será necesario manter a distancia de seguridade de 1,5m (en todas as direccións) cas persoas non convivintes. O uso de máscara é obrigatoria durante toda a xornada.

 Programa de roteiros de ADEGA Lugo «Augas Vivas. As bacías do Minho e do Sil»

  • 24 de xaneiro; A loita por un río (Sarria)
  • 21 de febreiro: As augas mansas (Begonte)
  • 21 de marzo: A mestura das augas (Os Peares)
  • 25 de abril: O berce das augas (O Bierzo)
  • 23 de maio: O Avia viñateiro (Ribadavia/Beade)
  • 20 de xuño: Onde o Miño se entrega ao mar (O Rosal/Tomiño)

 

Na propia web de Roteiros de ADEGA-Lugo http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar as reservas.

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva dispoñible na web, antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.

Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño. Será preciso cumprir co protocolo para evitar a propagación da COVID.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982 240299/677800293 ou escribindo a adegalugo@adega.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.