Alternativa demanda o uso público dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo

“Estase procedendo á demolición dos silos de Alu Ibérica situados nos peiraos de Batería e Calvo Sotelo”

“Este espazo debe incorporarse sen máis dilación ao uso público xeral cunha nova ordenación que permita destinalo a equipamentos públicos onde crear zonas verdes e deportivas. Neste sentido, debe eliminarse o actual peche para darlle continuidade aos xardíns de Méndez Núñez e conseguir unha gran área dotacional para o lecer da cidadanía” demandan dende Alternativa.

Alternativa dos Veciños oponse a “calquera posible privatización deste solo público. Non se poden permitir novas concesións administrativas aberrantes, como son os dous edificios coñecidos como as Gaivotas, que se atopan diante da Deputación provincial”.

Foto portada: Autoridad Portuaria A Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *