Arbo convoca o concurso sobre a LXI Festa da Lamprea para as nenas e nenos do concello

Os/as gañadores/as do concurso recibiran premios en material escolar
O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición dun concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da LXI Festa da Lamprea que será os días 23, 24 e 25 de abril de 2021.
A Festa da Lamprea é a festa por excelencia do concello pontevedrés, declarada de interese túristico nacional no ano 2016 e que se adaptará na súa 61 edición a evolución do COVID-19
O certame do cartel está dirixido a todos os/as alumnos/as do C.E.I.P Antonio Carpinteiro, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. O cartel e a redacción terán como tema central: Arbo, a LXI Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.
O cartel poderá presentarse en calquera soporte e poderá estar deseñado con calquera material. A redacción terá unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara. Os premios deste certame consistirán en material didáctico e xogos, outorgándose para o concurso de carteis dous premios para cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios para cada un dos cursos de primaria. Para o concurso de redacción entregaranse dous obsequios por cada un dos cursos de 3º a 6º de primaria.
Este concurso lévase realizando dende hai máis de 30 anos, creouse sendo concelleiro de Cultura o actual alcalde Horacio Gil, e segundo manifesta “é necesario e enriquecedor mantelo na actualidade xa que é capaz de achegar aos máis pequenos o patrimonio histórico, a gastronomía ou a paisaxe de Arbo… Facéndolles partícipes ademais de algo tan importante para o noso pobo como é a Festa da Lamprea, algo fundamental na vida de todos os arbenses e, por suposto, tamén de todos eles”.