As mocidades do BNG denuncian as reformas laborais que someten á mocidade galega á absoluta precariedade

No marco da campaña contra explotación laboral lanzada neste nadal, as integrantes de Galiza Nova informaron, cun reparto na porta do Corte Inglés das consecuencias da condicións laborais da mocidade e do conxunto da clase traballadora na Coruña.

Estes repartos sucedéronse simultaneamente noutras vilas e cidades do país sobre o que o Secretario Xeral, Paulo Ríos declarou que “mentres os lucros das grandes empresas multinacionais non deixan de medrar, os nosos dereitos e salarios continúan minguando, temos que loitar contra esta inxustiza”. Criticou ademais que as grandes multinacionais “se aproveitan das necesidades en termos laborais que provocou a pandemia da COVID-19 para exprimir aínda máis á clase traballadora”.

As mocidades do BNG denuncian así as reformas laborais que someten á mocidade galega á absoluta precariedade: reformas que dinamitaron a negociación colectiva, ampliando a vantaxe do empresariado sobre os e as traballadoras á hora de negociar os convenios.

O Responsábel Comarcal Ignacio Siota Mouzo declara que Galiza Nova esixe ao goberno galego e ao goberno do estado que adopten “medidas concretas para acabar coa explotación laboral”. Ignacio Siota Mouzo declara que “temos que amosar o noso rexeitamento ás reformas laborais e esixir a súa derogación”. Ademais, demandou ao goberno galego “a posta en marcha dun Plan de Emprego Xuvenil para garantir que a mocidade conte con traballo estable no noso país.

Desde Galiza Nova demandan entre outras, a derrogación das reformas laborais e da negociación colectiva, o aumento dos salarios das traballadoras, a eliminación das ETTs e a limitación dos traballos temporais e parciais.

Ignacio Siota Mouzo

Responsable Comarcal de Galiza Nova A Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.