Campaña pola gratuidade e o libre uso do aparcadoiro Xuiz Falcone de Noia

A Marea Cidadá de Noia iniciará unha campaña pola gratuidade e o libre uso do aparcadoiro Xuiz Falcone

A Marea Cidadá de Noia non entende “por qué un aparcadoiro pagado con cartos públicos ten que funcionar cun sistema de alquiler de prazas, negando así o seu uso á mayoría”.

A Marea Cidadá de Noia leva anos defendendo que “a cidadanía ten que poder empregar aquelas estructuras, edificacións e proxectos que se financian con cartos públicos. Non pode ser que a cidadanía no seu conxunto pague, e só unhas poucas persoas tiren proveito”.

Un caso especialmente sangrante, sinalan dende a Marea, é o do aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone. Aínda que pagado íntegramente con cartos públicos, o Goberno local decidiu instaurar “un réxime de alquiler de prazas que supón unha dobre traición á cidadanía: Por unha banda, ao atoparse moitas prazas libres constantemente, non cumpre a súa función orixinal, e pola outra, a maioría da cidadanía vese privada dun servizo que xa pagou por adiantado”.

A Marea Cidadá defende a necesidade de “derogar a actual ordenanza fiscal e de regulamento referente ó aparcadoiro”, e aprobar unha nova ordenanza de estacionamento temporal limitado e gratuito. Deste xeito, “o conxunto da cidadanía poderá facer uso do aparcadoiro, e cumplirá a súa función de desconxestión e axuda ao pequeño comercio” aseguran dende a formación”.

Dende a Marea Cidadá iniciarán esta semana unha campaña na rúa para reclamar a súa gratuidade e o cambio de ordenanza, campaña que rematará cunha proposta de nova ordenanza no Pleno do mes de xaneiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.