Clausurada a mostra sobre Carvalho Calero no Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

A exposición ‘Arredor de Don Ricardo de Fingoi’ foi promovida polo colectivo Egeria en colaboración coa Xunta de Galicia

A exposición sobre Carvalho Calero, Arredor de Don Ricardo de Fingoi foi clausurada hoxe na Casa Museo Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia da familia do homenaxeado, e tamén do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o escritor Xulio Xiz, en representación do colectivo organizador Egeria; e o alcalde de Concello de Mondoñedo, Manuel Otero, así como de outros membros da corporación.


A mostra sobre o autor, a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas, reflicte a través de distintos paneis, os quince anos de Carvalho Calero en Lugo, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi. Trátase dunha exposición itinerante que trala súa inauguración en Lugo hai dous meses, foi visitando diversos concellos da provincia, nun proxecto máis amplo desenvolvido ao longo deste ano pola asociación cultural Egeria, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.