Cristina López visita a Praza de Abastos de Lugo no arranque das actividades de Nadal

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, deu comezo ao Nadal na Praza de Abastos e Mercado municipal coa campaña “O noso Mercado é un Agasallo”

Cristina López destacou que “durante os sábados do mes de decembro e a primeira fin de semana de xaneiro, todas aquelas persoas que realicen unha compra superior a 40 euros recibirán un agasallo” o que se poderá canxear nun posto habilitado na Praza de Abastos durante o seu horario de apertura.

Estes agasallos constan de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida e calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado.

“Dende a área de Participación traballamos da man do comercio local, garantía de produtos de proximidade e alta calidade” afirmou Cristina López, que lembrou as accións postas en marcha durante este ano como o servizo de reparto a domicilio e de pre-encarga, “un servizo que foi moi reclamado pola veciñanza e que tivo unha gran aceptación”, segundo indicou a edil de Participación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.