Denuncian a falta de ventilación nas aulas do Conservatorio Superior de Música da Coruña

O BNG presenta unha proposición non de lei no Parlamento galego para a Xunta pór arranxo á falta de ventilación nas aulas

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, asina unha proposición non de lei a medio da cal insta a Xunta de Galicia a que arranxe a falta de ventilación nas aulas do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O problema deriva do feito de as xanelas do edificio seren moi estreitas e, aínda por riba, teren un escaso ángulo de abertura.

A falta de ventilación é, en condicións normais, un atranco para o óptimo desenvolvemento da actividade económica, mais en plena pandemia se torna nun auténtico problema de saúde pública, “nun risco evidente e inadmisíbel para profesorado e alumnado”, subliña Mercedes Queixas.

Sinala a deputada que xa hai meses que a dirección do centro alertou sobre esta situación, sen que desde a Administración galega se adoptase ningún tipo de medida.

“Desde o BNG entendemos que esta situación do Conservatorio Superior de Música da Coruña supón unha eiva inadmisíbel para a práctica docente e un risco evidente para a saúde do persoal e do alumnado”, anota Queixas.

Unha situación semellante á descrita presénta o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. Nese caso unha iniciativa do BNG acadou o apoio de todos os grupos da Cámara. Queixas confía en que esta proposición non de lei “obteña tamén o mesmo respaldo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.