Ecoloxistas denuncian posible corrupción tras a fragmentación eólica fraudulenta dos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II e monte Tourado

O parque eólico Alto da Croa, Alto da Croa II e o parque eólico Tourado do grupo Greenalia Wind Power nos municipios de Vimianzo e Dumbría: un único parque eólico que comparten infraestruturas comúns (centro de seccionamento, liñas de evacuación, camiños e gábeas de cableado

A Declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Alto da Croa II admite que a evacuación da enerxía producida no parque, efectuarase a través do seu centro de seccionamento (CS), que tamén será o punto de conexión para a evacuación da enerxía xerada noutros parques eólicos do citado promotor (PE Alto da Croa e Pe Monte Tourado). Desde o dito CS a enerxía será evacuada de maneira conxunta mediante unha liña en 30 kV soterrada (tamén incluída no proxecto do PE Alto da Croa II) ata a Subestación Colectora Regoelle 20 -66/220 kV, na que tamén confluirá a evacuación doutros parques eólicos e que forma parte dun expediente que conta con DIA formulada o 17/10/2018.

O centro de  seccionamiento é unha instalación eléctrica composta principalmente por unha serie de Celas e  aparamenta eléctrica de protección e corte. A súa función é a de unir a Rede eléctrica da compañía, coa instalación particular á que está a dar servizo.

Así mesmo, a DIA do p.e. Alto da Croa II  indica que escavaranse uns 4.416 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que conectará os aeroxeradores co centro de seccionamento/edificio de control. Neste cómputo intégranse 382 m de gabias que compartirá co PE Monte Tourado (pero que son considerados neste proxecto) e 1.094 m do cableado que discorrerá por gabias autorizadas no proxecto do PE Alto da Croa (cuxa restauración está considerada e avaliada no dito parque). Por outra banda, hai que engadir os 662 m de gabia para a liña de interconexión entre o CS e a Subestación Colectora Regoelle.

En canto ás gabias, escavaranse 3.861 m para o cableado de media tensión e de comunicacións que conectará os aeroxeradores co CS. Dos cales 1.518 m corresponden con gabias compartidas con outros parques eólicos; 382 m co PE Monte Tourado (incluídos no proxecto do PE Alto da Croa II) e 1.136 m co PE Alto da Croa (incluídos no proxecto do dito parque). Mantéñense os adicionais 662 m de gabia para a liña de interconexión entre o CS e a Subestación Colectora Regoelle.

Na Declaración de impacto ambiental do proxecto Alto da Croa II, o promotor Greenalia Wind Power responde ao Instituto de Estudos do Territorio mediante un escrito no que sinala que o informe do IET manifesta erróneamente que o aeroxenerador AE04 se situaría nunha localización na que non existen parques eólicos, polo que xeraría un importante impacto visual. Neste sentido, aclara que existe un parque eólico autorizado (PE Alto da Croa, con autorización administrativa mediante Resolución do 22.08.2013 e con aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal mediante Acordo do Consello da Xunta do 27.09.2013, e pertencente a unha sociedade vinculada tamén a Greenalia Power) que se atopa nas proximidades do dito aeroxenerador, engadindo ademais que o acceso á dita máquina faise aproveitando as infraestruturas do PE Alto da Croa. Así mesmo, xustifica a inviabilidade de recolocar o aeroxenerador AE04 na contorna das máquinas AE01, 02 e 03, primeiramente porque se incumpriría coas distancias de solapamento entre parques eólicas legalmente establecidas, e segundo, porque se podería causar interferencias no radar que Salvamento Marítimo ten nesa zona”.

Asinan:

Asociación ambiental Petón do Lobo

Asociación galega Cova Crea

Asociación “O Ouriol” do Anllóns

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.