Ecoloxistas en Acción solicitan a suspensión da “Media Veda” na Limia para garantizar a conservación da rula europea

A Comisión Europea ven de enviar en tempos recentes un requerimento ao Goberno de España, para que protexa á rula europea (Streptopelia turtur) paso previo a unha posible sanción se non se toman as medidas oportunas para a conservación da especie segundo dicta a Directiva sobre Aves. A especie ven de sufrir un decrecimento das súas poboacións en Europa de até o 75% estando o 90% da poboación nidificante europea da especie na Península Ibérica.

A merma das poboacións de rula ten diversas causas, a intensificación agrícola, a perda de hábitat pola intensificación forestal de monocultivos como o eucalipto, e a caza, tanto nas áreas de nidificación, como nas de paso migratorio ou nos cuartéis invernais en África. Froito do primeiro aviso dende Europa, hai xa dous anos, varias comunidades autónomas proibiron a caza da especie, como Asturias ou Canarias. Porén, a pesar de que o tema foi debatido nos comités de caza, a decisión non foi tomada en Galicia “porque si outros non deixan de cazar por qué vamos a deixar de cazar nós”.

Os censos publicados pola Sociedad Española de Ornitología, amosan un decrecimento da poboación nun 40% nos derradeiros anos, sendo Galicia unha das comunidades máis afectadas por este declive, ao que hai que engadir a nefasta política forestal e agrícula da Xunta de Galcia que nada axuda á conservación da especie.

Dende o ano 2018 existe un Plan de Acción Europeo para a Conservación da Rula no que se inclúen medidas para preservar e restaurar os hábitats favorables para a rula e no que se recollen accións de urxencia, como a de establecer unha moratoria da súa caza, porén, este plan non está a ser aplicado en Galicia.

A caza da rula e do paspallás dase especialmente na absurda media veda tolerada pola Xunta de Galicia nos meses de agosto e setembro na comarca ourensá da Limia. Así, dende Ecoloxistas en Acción, instan ao goberno galego á suspensión inmediata da media veda na comarca da Limia, pola falla de arraigo e por tratarse dunha zona ZEPA (Zona e Especial Protección para as Aves).

A organización ecoloxista galega sinal que a media veda na Limia pon en risco a supervivencia de varias especies ameazadas en Galicia, non soio a rula ou o paspallás, senón tamén a outras especies moi escasas no contexto galaico, debido ás molestias ocasionadas tanto polos tiros dos cazadores como os seus cans de caza. O periodo postreproductor é unha época especialmente sensible para as aves, xa que son os derradeiros dáis antes do inverno para alimentarse e migrar (caso das avefrías), ou cando fan a muda (como os alavancos) período no que voan con dificultade e precisan unha certa tranquilidade.

Ecoloxistas en Acción advirte que a celebración da Media Veda na Limia (Nos meses nos que a rula forma concentracións) inflúe negativamente na formación dos bandos premigratorios de alimentación da rula, e, polo tanto, impactando negativamente no estado óptimo dos exemplares para afrontala viaxe migratoria. As rulas forman bandos mixtos con outras especies de colúmbidos (como o pombo ou a pomba zura) que son tamén especies sometidas a explotación cinexética, polo que a protección da rula ten que ir en paralelo á suspensión da media veda, xa que os bandos son mixtos de especie,s asociados ao aproveitamento do gran tirado no chan despois da sega dos cultivos de cereal da chaira limiá.

Ecoloxistas en Acción advirte que a Xunta de Galicia somentes ten dous meses para actuar e tomar unha decisión que converxa na correcta protección da especie, non soio proibindo a súa caza e suspendendo a media veda na Limia, senón tamén incluíndoa no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, redactando un plan de recuperación e conservación da rula no territorio galego que supoña a implementación de medidas efectivas para evitala extinción da especie.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.