Español rojo y alemán moreno, ninguno es bueno. Por @DulceCorcu

Nada coma o refraneiro español para situarnos sempre na actualidade, no lugar oportuno por moito tempo que teña pasado. Polo tanto, non é raro que haxa un para describir o chat dos militares “nostálxicos” da ditadura e dos fusilamentos a roxos. Se pode ser, a vinteseis millóns, que xa teñen eles calculado os que sobramos nesta España que, mirade se deixou atrás o tempo das armas, que aínda ten o rueiro cheo de adicatorias a compañeiros dos señores que compartían faladoiro chateiro. E que aínda mantén viva a memoria do ditador cunha fundación do seu mesmo nome coas súas pertinentes subvencións públicas, sen contar que a familia do finado vive, non a corpo de rei senón mellor que o propio rei, felizmente millonarios e acomodados grazas ao poderío espoliador do avó Paco. Por suposto, falando de vivir como un auténtico maharaxá temos a Juan Carlos I Emérito, amasador de fortuna de profesión e vividor de devoción, que agora descansa a responsabilidade de facer o propio no seu descendente Felipe VI. Todos ao calor do mesmo Franco que estes enganados militares añoran coma se tivese desaparecido
O chamamento ao golpe de Estado, a organizarse e acabar con tanto roxo vivindo por enriba das súas posiblidades nesa pantomima das eleccións democráticas, é quizais o mellor retrato da España que pervive nos uniformes e nas togas, no poder omnímodo que atende só ás leises que lles dita deus e a súa patriótica bandeira de aguilucho. Ridículo que sorprenda, porque algo parecido xa o vimos noutro faladoiro de policías onde a vítima era a anterior alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena. Tamén se lle desexaba a morte, aínda que ese era o menos doloroso dos sufrimentos vaticinados, onde non se contemplaba o fusilamento porque iso é demasiado rápido. As louvanzas a Hitler tampouco faltaban, nun contexto tan zafio e vulgar que ben podería formar parte dun realiti deses do telelixo que tanto abundan. Os tribunais dixeron que nones. Que libertade de expresión pura e dura. Que non era para tanto. Non coma os chistes de Carrero Blanco ou as cancións de “el borbón es un ladrón”.  Nin punto de comparación. Chama a atención non que o líder de VOX esperte as simpatías dos militares con fame de fusil, a cabra tira ó monte, lóxicamente, pero si que nese trono estea tamén a ministra de Defensa Margarita Robles, presunta socialista ela pero convertida en musa do golpismo franquista que tería coma obxectivo fusilable a moitos compañeiros e compañeiras do seu partido. Cada vez menos, tamén é certo, pero habelos, hainos. A Fiscalía xa está investigando, a petición do Ministerio de Defensa estas conversas entre amigos que, en vez de estar mirando obras no seu tempo libre, andan a exercer de sarxento Arensibia. A España de “Martínez el Facha”…que non morre nunca.

Un comentario

  • Xose Candal

    Bueno, en los vuestros habláis de matar al rey, poner bombas o de matar a viejos, no sé de qué os escandalizáis.

    Bom, nos vosos chats falades de matar o rie, por bombas ou matar ós vellos, non sei a qué carallo ven tanto escándalo. Que parecedes vellas correndo coas saias na man cando sodes igual que eles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.