Esquerda Unida: «Ás Institucións de Galicia deben traballar para o cumprimento dos Dereitos Humanos de todas as persoas»

Hoxe 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, no que se conmemora o 51 aniversario da aprobacións pola Asemblea das  Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Esquerda Unida lembra que non todas as persoas no noso país están a gozar do completo respecto a todos os seus dereitos inalienables e chama ás institucións de Galicia a traballar para o seu pleno cumprimento.

Neste Día dos Dereitos Humanos de 2020, ponse especial fincapé en que a recuperación post-pandemia se faga tendo por base os dereitos básicos de todas as persoas. As Nacións Unidas observan este día 10 como “unha oportunidade para reafirmar a importancia dos dereitos humanos para construír de novo o mundo que queremos, a necesidade de solidariedade mundial e a interconexión e humanidade que compartimos coma seres humanos.”

É precisamente no marco da crise propiciada pola pandemia de Covid-19 que se teñen incrementado no noso país as denuncias de graves incumprimentos de dereitos básicos e fundamentais de moitas persoas, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade.

Esquerda Unida lembra que durante o confinamento moitos nenos e nenas, sobre todo, aquelas con necesidades especiais sufriron problemas para acceder aos seu dereito á educación (artigo 26 DD.HH.). Igualmente as restricións no acceso á sanidade propiciada pola falta de persoal supuxeron incumprimentos no acceso a dereitos esenciais ao igual que no caso do dereito á asistencia social por parte da administración, dereitos recollidos no artigo 23 que afectan gravemente a aquelas persoas sen recursos sociais nin económicos.

Pero se algún dereito se viu gravemente vulnerado foi o contido no artigo 5 da Declaración que fai referencia a que ningún ser humano será tratado cruel, inhumana ou degradantemente. Os feitos acontecidos nas residencias de maiores do noso país, onde varios centos de persoas faleceron en moitos casos sen a asistencia debida e onde milleiros de anciáns seguen a sufrir en moitos centros privación do contacto coas súas familias, mala alimentación, falla de actividades e mesmo problemas de hixiene, constitúe unha vulneración fragrante dos seus dereitos humanos.

Esquerda Unida quere lembrar que alén da Covid, as mulleres seguimos sen gozar dos nosos dereitos en canto á igualdade (artigo 2) e sufrindo unha violencia machista sen fin que afecta a un si fin de dereitos (artigos 1 e 5). Especialmente dura segue a ser a realidade das mulleres prostituídas e tratadas que ven vulnerado o se dereito a non seren traficadas e mercadeadas contido no artigo 4. Esquerda Unida lembra tamén que casos coma a Carioca, no que recentemente o Defensor del Pueblo vén de admitir unha denuncia contra a inacción da Fiscalía na protección das vítimas de trata, explotación sexual e violencia machista poñen de manifesto o falla de protección de moitas mulleres que incumpre o contido da declaración nos seus artigos 7, 8 e 10.

Esquerda Unida denuncia que as institucións en Galicia, especialmente o Goberno da Xunta, pero tamén Concellos, Deputacións e Institucións da Xustiza, non poden seguir mirando cara outro lado ante incumprimentos coma os relatados e chama a todas elas a traballar para o pleno cumprimento de estes dereitos de xeito universal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.