Europe Direct A Coruña abre o #ClubUE, un espazo que achega Europa á mocidade

A comunidade está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos

A oficina Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa dirixida a achegar a Unión Europea á mocidade. O #ClubUE é unha comunidade para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que queren coñecer, aprender e participar das oportunidades que lles ofrece a UE.

O #ClubUE desenvolvese principalmente a través das redes sociais Instagram, no perfil @europedirectcoruna e na canle de Youtube de Europe Direct A Coruña. Esta comunidade busca conformar un espazo de información, formación e participación de diferentes iniciativas con vocación europea. Así, entre as vantaxes de pertencer ao club están a de formar parte dunha rede local con proxección europea, acceso directo e preferente a actividades de formación, conseguir premios ou participar de visitas ou concursos.

A primera acción prevista é un curso sobre as novidades que incorporou este ano o formato europeo de currículo, o Europass. Terá lugar o vindeiro luns día 14 de decembro, ás 16 horas. A formación é online e gratuita, pero reservada para persoas membro do #ClubUE. Hai 25 prazas dispoñibles.

Os requisitos para formar parte do club son ter entre 18 e 30 anos, empregar unha conta de Instagram, a través da cal se dirixirán boa parte das comunicacións e interacións entre as persoas membro do #ClubUE, e seguir o perfil de Europe Direct A Coruña nesta rede social.

Para unirse ao #ClubUE é preciso cumprimentar o formulario de presentación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.