Eva Solla critica uns orzamentos da Xunta “sen ningunha inversión para a mellora da saúde en Porriño”

A coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla, xunto coas concelleiras de EU Son do Porriño, Blanqui Francés e Patricia Sío valoraron en rolda de prensa os orzamentos da Xunta de Galicia que afectan ao Porriño

A concelleira de EU Son Porriño, Patricia Sío, centrou a principal eiva dos orzamentos da Xunta na ausencia total de investimento tanto para a mellora do centro de saúde tanto en materia de infraestruturas como de medios humanos. Así tamén se queda sen orzamento a actuación sobre a contaminación por lindano, un problema que afecta sobre todo a zona de Torneiros e que mesmo xa hai unhas semanas se trasladou esta á Comisión Europea na que intervíu o coordinador de EU, Pedro Ocampo.

Para coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “os orzamentos da Xunta de Galicia para este ano 2021 están marcados sen dúbida polas consecuencias da pandemia da Covid-19, polo que o incremento do cómputo global destes orzamentos atribúese sobre todo a fondos estatais e europeos”. Un exercicio máis, “a Xunta de Galicia presenta uns orzamentos nos que non concreta as partidas de investimento por consellería o que impide coñecer a dedicación concreta destes fondos dos que ademais moitos deles non chegan a executarse”.

“Á ausencia nestes orzamentos, de partida específica para a mellora do centro de saúde, súmase a ausencia de dotación económica para a ampliación da unidade de atención a drogodependencias que sigue sen partida específica,  o que evidencia que as  persoas con problemas sociais e de saúde non son unha prioridade para a Administración autonómica” indica Solla.

En canto ao lindano, “levamos anos reclamanto plans de saúde específicos, tras ter levado esta cuestión ao Parlamento europeo, atopámonos unicamente cun plan “lindanet” de 4000 euros, -contía insuficiente- para a descontaminación das terras contaminadas depositadas na pranta de Sogarisa (As Somozas)” di Eva Solla. Polo que , “a vulneración contínua do dereito á sáude das e dos veciños do Porriño, vese reflectido nestes orzamentos autonómicos que non contemplan un só euro para un plan de saúde específico ou iniciar os traballos na zona comprometida de vivendas públicas, que si son competencia autonómica”.

En conclusión, os orzamentos da Xunta de Galicia para o Porriño “non contemplan ningunha inversión concreta nin para o centro de saúde, nin para vivenda nin para a unidade de drogodependencias, nin tan sequera para a descontaminación de lindano”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.