Galicia en Común pregunta polo obxecto e custo da exposición adicada a Felipe de Borbón no Museo Naval de Ferrol

O deputado galego inquire ao Goberno pola motivación e os fondos públicos destinados a unha mostra promovida pola Hermandade Nacional Monárquica de España

O Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de preguntar ao Ministerio de Defensa pola motivación e o custo para o erario público dunha exposición monográfica e itinerante adicada a figura de Felipe de Borbón que abría as súas portas este sábado no Museo Naval de Ferrol e promovida pola Hermandade Nacional Monárquica de España.

No escrito dirixido ao Congreso, Galicia en Común pregunta por unha exposición que abría as súas portas o pasado sábado 19 no Arsenal Militar de Ferrol no interior museo adicado, especificamente, á construción naval con máis de 2.600 pezas catalogadas e unha singular biblioteca con máis de 20.000 volumes.

Chama poderosamente a atención que a exposición está conformada por 30 fotografías que protagoniza integramente o monarca e que foron tomadas na cidade naval por un dos integrantes da mesma Hermandade Monárquica que promove a mostra no ano 2016 durante “o acto solemne de celebración del Día de los Veteranos de las Fuerzas Armadas y de la Guardia Civil”, tal e como informou a Oficina da Xefatura de Apoio Loxístico do Arsenal Militar de Ferrol.

“Preguntamonos que recursos públicos se adicaron a sufragar esta mostra para glosar a figura de Felipe VI dunha entidade privada inequivocamente monárquica», manifestou Antón Gómez Reino. «Preguntámonos se esta mostra fotográfica ten algún fin divulgativo como debera ser nun museo máis aló dun oportuno lavado de imaxe para a Casa Real. Tamén nos preguntamos con que obxecto unha entidade privada organiza unha exposición nun espazo público dentro dun rencinto militar con fotos de hai catro anos precisamente agora», concluíu o deputado galego.

Tal e como se refire no escrito, a Hermandad Monárquica de España (HNME) nace en 2012 como sucesora da extinta Hermandad Nacional Monárquica del Maestrazgo, fundada no 1961 para promocionar a Monarquía por parte dun carlista, Ramón Forcadell Prats, que colaborou estreitamente co franquismo até recoñecer a Juan Carlos de Borbón como Xefe de Estado.

“Entre as súas actividades públicas e recoñecidas, está a concesión de premios, títulos e condecoracións a persoeiros que, ao seu xuízo, demostren compromiso coa continuidade de Monarquía e, nomeadamente, moitos vinculados a forzas políticas de extrema dereita e dereita extrema”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.