Galicia mantense firme na súa postura en contra de incrementar a protección do lobo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía unha carta, e dito documento, ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, no que lle argumenta as razóns polas que esta especie cinexética non debe ser incluída no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especia (Lesrpe)

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enviou hoxe ao secretario de Estado para o Medio Ambiente unha carta na que lle informa da remisión dun informe -elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural– no que se explica e xustifica a negativa da Comunidade galega a incrementar a protección do lobo, tal e como pretende levar a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

No informe arguméntanse os motivos polos que esta especie non debe ser incluída no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lesrpe), porque en Galicia o estado de conservación do lobo é favorable. Segundo os criterios de aplicación da Directiva de Hábitat o estado de conservación dunha especie se considera favorable cando:

– Os datos sobre a dinámica da poboación da especie en cuestión indiquen que a mesma segue e pode seguir constituíndo a largo prazo un elemento vital dos hábitats naturais aos que pertence. No caso de Galicia, o último censo realizado traslada a existencia de 90 manadas reprodutoras de lobos, polo que en termos xerais mantense ou incluso experimentaron un aumento nos últimos 15 anos.

– A área de distribución natural da especie non se estee reducindo nin amence con reducirse nun futuro previsible. Segundo os estudos realizados a presenza do lobo na Comunidade é amplía, ocupando a maior parte do territorio, incluso está presente en zona humanizadas. Así, a área de distribución desta especie en Galicia supón un 72%, sendo Lugo e Ourense as provincias con maior presenza.

– Existe, e probablemente, siga existindo un hábitat de extensión suficiente para manter as súas poboacións a largo prazo. En xeral, o lobo en Galicia atópase nun medio humanizado, caracterizado pola presenza de pequenas poboacións repartidas de xeito uniforme por todo o territorio.

Asemade, no informe elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural indícase que este tipo de inclusións ou cambios, que defende o ministerio dirixido por Teresa Ribera Rodríguez, deben ser plantexadas pola Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade e, logo, ser consultadas ao Grupo de Traballo do lobo, un trámite que non foi abordado.

Nese sentido, desde a Consellería de Medio Ambiente lamentan a falta de diálogo por parte do Ministerio, que non coñece a realidade territorial de Galicia, neste caso, para poder facer unha valoración completa da situación real desta especie no conxunto; unha situación que non é exclusiva de Galicia senón que afecta ás catro rexións ao norte do río Douro (Asturias, Cantabria e Castela e León).

A conselleira de Medio Ambiente reiterou a necesidade de fixar unha reunión, co fin de explicarlle de primeira man a posición das catro comunidades ao norte do Río Douro polas que se negan a incluír esta especie cinexética no Lesrpe.

Incidiu unha vez máis na necesidade e importancia de achegar posturas de consenso, pois o obxectivo que debe primar é o da conservación e a axeitada compatibilidade coa gandería e o que esta actividade supón para a economía das zonas rurais e para a biodiversidade. Nese sentido, recordou que o departamento que dirixe ten realizado esforzos importantes para establecer liñas de axudas para compensar os danos que provoca a especie, uns 1,7 millóns de euros no período 2016-2019, e tamén axudas para establecer métodos de prevención, como a adquisición de cans de guarda, mallas electrificadas e pastores eléctricos, cun importe de 1,3 millóns de euros desde o ano 2016.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.