Gonzalo Caballero esixe a Feijóo aclarar “por que non fixo corentena” tras un acto do PP cun positivo

O secretario xeral critica que Feijóo “se vanaglorie” de dar 10 millóns de euros en axudas á hostalería cunha caída do PIB de 6.000 millóns e reclámalle “poñerse as pilas para protexer á xente”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe a Feijóo que aclare “por que non fixo ningunha corentena” logo de participar nun acto do PP tras o cal se coñeceu o positivo en covid da conselleira de Mar.

Un acto, ademais, no que Feijóo “chegou a abrazarse a Pablo Casado sen máscara”, seguramente, ironizou o líder dos socialistas de Galicia, “para celebrar a oposición da caverna reaccionaria á lei de morte digna”.

“Entendo que todo o mundo pode competer unha imprudencia, pero os que temos responsabilidades temos que ter a maior esixencia, e o primeiro, o presidente da Xunta”, sentenciou Gonzalo Caballero no pleno do Parlamento, antes de requirir información sobre “a corentena e o protocolo” que están seguindo quen participaron nese acto que o PP celebrou a porta pechada na cidade da Coruña.

“Dea información a unha cidadanía que está preocupada polos contaxios, e que debe ter un exemplo de prudencia e de responsabilidade nos seus representantes públicos”, reclamou a Feijóo, antes de incidir en que o mandatario “ten que ser transparente” ao redor do sucedido

“Explique se houbo risco nese acto e por que vostede non fixo corentena”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, “dous de cada tres contaxios”quen requiriu unha vez máis coñecer por que “se non houbo risco, se fixo un cribado masivo” con PCR aos asistentes.

“PÓÑANSE AS PILAS”

Ademais, no contexto dunha pregunta sobre a xestión da crise da covid nos primeiros cen días de mandato de Feijóo, Gonzalo Caballero tirou dos datos oficiais para sinalar que en Galicia non se coñece a orixe de.

Por iso, o voceiro do PSdeG no Parlamento reclamou unha vez máis coñecer o número de rastrexadores que operan en Galicia, logo de que Feijóo anunciara que hai 6.152 e esa cifra fora desmentida polo propio conselleiro de Sanidade. Máxime, como subliñou, á vista do levantamento das restricións nas festas do Nadal, para o que botou en falta un sistema “claro”.

En paralelo, fixo fincapé en que a Xunta está “ausente” no que atinxe á atención aos sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia, e censurou que agora “se vanaglorien” de ter dado 10 millóns de euros en axudas á hostalería logo de nove meses dende a chegada da covid e dunha caída do PIB de 6.000 millóns de euros.

Tras contrastar estes fondos cos máis de 1.200 millóns de euros que o Goberno de España destinou a Galicia para pagar os ERTE e as prestacións de autónomos e desemprego, Gonzalo Caballero criticou a “publicidade enganosa” da Xunta ao prometer axudas de 2.000 euros para os autónomos de Galicia. “Habendo 200.000 autónomos, fan falta 400 millóns de euros, pero só consignan 87 millóns”, evidenciou.

“Abran o paraugas para defender á xente. Póñanse as pilas, póñanse a traballar e fagan en 2021 o que non fixeron en 2020”, requiriu o líder do PSdeG, e preguntou a Feijóo “en que mundo vive, que non respalda ao tecido produtivo do país”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.