Inés Rey homenaxea as 18 persoas traballadoras do Concello de A Coruña que se xubilan este ano

A alcaldesa de A Coruña agradeceulles o seu “compromiso co servizo público” nun ano que “veu certificar de novo como as persoas que traballades no Concello da Coruña sodes quen de responderdes nas condicións máis difíciles á demanda cidadá de servizos públicos”

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu no salón de sesións do Pazo Municipal de María Pita as 18 funcionarias e funcionarios do Concello da Coruña que se xubilan este ano. Na recepción oficial, tamén participaron as/os voceiras/os dos grupos políticos municipais.

Rey agradeceulles o seu “compromiso co servizo público porque precisamente este ano veu certificar de novo como as persoas que traballades no Concello da Coruña sodes quen de responderdes, nas condicións máis difíciles, na incerteza inicial, sobre a dimensión dos riscos que se asumían, á demanda cidadá de servizos públicos. Unha demanda crecente, porque á crise sanitaria seguírona a económica e social e o Concello debeu contestar, na medida das nosas posibilidades e recursos, a todas elas”.

A rexedora tamén destacou que “con pandemia e sen pandemia, ao longo da vosa traxectoria como traballadoras e traballadores do Concello, fostes protagonistas do servizo público á cidade” e, asegurou, “sempre se di que a escala local das políticas públicas é a que traslada a verdadeira dimensión do público. Pois ben, se isto é certo, como creo que o é, as empregadas e empregados da administracións locais sodes as responsables desa visible transformación urbana”.

O ex director del Área de Alcaldía, Juan Carlos Martínez Muñiz, agradeceulle ao persoal do Concello, en nome de todas e todos os seus compañeiros que tamén se xubilan este ano, “a organización deste acto” e asegurou que “detrais de cada actividade municipal existe moito traballo silencioso, eficaz e moi profesional”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.