Instan á Xunta de Galicia a evitar a afección dos parques eólicos aos humidais de montaña

A Plataforma Quijote de Outes e a asociación ecoloxista Petón do Lobo instan á Consellería de Medio Ambiente á protección dos humidais de montaña e a afastar os parques eólicos destes

Esta acción é de vital importancia para protexer este tipo de brañas por ser hábitats prioritarios e de vital importancia que albergan distintas especies de fauna e flora altamente sensibles e escasas. Demándase tamén que non se aproben proxectos eólicos neste tipo de humidais xa que podrían afectar de forma sustancial o medio hídrico.

Un informe de IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) do ano 2017 denominado “Conservación e xestión de humedais en Galicia”, realizado por catro profesores da universidade de Santiago de Compostela, Pablo Ramil-Rego,L.Gomez-Orellana,Javier Ferreiro da Costa e Manuel Antonio Rodríguez Guitián, resume os perxuizos das instalacións eólicas neste tipo de ecosistemas.

“A instalación de parques eólicos tamén tivo un efecto moi negativo sobre os humidais de montaña, causando importantes perdas (Ferreiro da Costa et al. 2013) tanto en queirogais húmidos como sobre os ecosistemas de turbeira (turbeiras de cobertor, turbeiras altas), así como sobre medios lacunares”.

Os efectos negativos da instalación dos parques eólicos sobre os humidais de montaña de Galicia foron xa sinalados cando esta actividade irrompía con forza no noso territorio (Ramil‐ Rego & Ramil‐Rego1995, Izco & Ramil‐Rego, 2001). Anos máis tarde non se pode dubidar do impacto xerado por este tipo de instalacións sobre as áreas de montaña, máis aínda cando as mesmas se realizan sobre áreas de gran valor ecolóxico, como distintos autores teñen destacado tanto para Galicia como para outros territorios de Europa (Gómez‐Orellana et al. 2014a,b; Atienza et al. 2011; Copena & Simon, 2012; Fagúndez, 2008, Bright et al. 2006, 2009; Lindsay & Bragg, 2004; Pearce‐ Higgins et al. 2009).

O proxecto eólico Maragouto da promotora Green Capital Power instalaríase de cheo neste ecosistema tan valioso como son os humidais das brañas de Valadares, un ecosistema con hábitats prioritarios e orixe de diversos mananciais que abastecen a distintos lugares da parroquia de Valadares, e berce de nacemento de diversos cauces pertencentes á conca do Río Beba pertencente á conca do Río Xallas, afectando a numerosos cauces e fontes.

Na solicitude de inclusión de dito humidal detállase minuciosamente que o Complexo humidal brañas de Valadares, estaría formado polos Prados da Braña, Brañas de Mirás, Monte Penedo, Brañas Prado de Abaixo, Pedra das cuncas,Brañas corno de Cervo, Brañas de Marsillán, Pedra do Mouro, Braña Longa, Brañas de Penedo Mosqueiro e Brañón.

Foto: Pixabay (arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.