Javier Castiñeira “A Deputación conxela a súa aportación para a reserva da biosfera Terras do Miño”

 O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia que os órganos reitores das dúas reservas da biosfera coñeceran as aportacións da Deputación despois de que esta institución aprobara os seus orzamentos para 2021.

Os populares lamentan “a falta de compromiso do goberno provincial con respecto a estas reservas, que vai na mesma liña que a que reflicten os orzamentos do 2021; unha liña continuista, na que se reduce o investimento”

No 2022 Terras do Miño cumprirá vinte anos, polo que o 2021 debera ser un exercicio clave  para preparar e organizar ese aniversario “e apreciamos un desinterese absoluto por celebrar tan significativo efeméride”

Castiñeira lamenta “que a política medioambiental do goberno da Deputación de Lugo sexa reducir os investimentos nas reservas da biosfera e que isto se teña producido sen ter avisado antes aos órganos reitores”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.