Manuel Santos seguirá traballando por Marín tamén desde o Parlamento galego

O membro do Goberno local tomou hoxe posesión para ser deputado na cámara autonómica, cargo que compatibilizará ao cen por cen coa Concellaría que dirixe

O concelleiro de Urbanismo e Facenda do Concello de Marín, Manuel Santos Costa, é desde hoxe tamén deputado autonómico no Parlamento galego. Este novo cargo será compatibilizado ao cen por cen coas súas actuais responsabilidades no Concello de Marín, podendo asistir do mesmo xeito aos Plenos e Comisións dos que vaia formar parte no ente autonómico.

A alcaldesa de Marín quixo mostrar a súa “satisfacción” e felicitou ao seu compañeiro, asegurando que o forte traballo en equipo do Goberno local permite seguir mellorando Marín incluso desde outros espazos de actividade política, como é o Parlamento galego.

“O noso equipo segue demostrando toda a súa dedicación a mellorar a vida dos marinenses e de toda Galicia en xeral, reforzando esa experiencia que dá a vida municipal, que é a forma máis cercana de facer política”, afirmou a alcaldesa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.